Thursday 02 de May de 2024

Gran xantar popular e II Encontro Folclórico das Herdanzas de Poulo


A Asociación Cultural Camiño Real de Poulo celebrou esta fin de semana o seu xantar popular e o II Encontro Folclórico das Herdanzas de Poulo. Como agrupacións convidadas este ano contouse coas asociacións culturais Brisas do Quenllo (Tordoia) e O Manexo (Oleiros). En total xuntáronse arredor de trescentas persoas, entre as que tamén estiveron o alcalde de Ordes e a concelleira de Medio Ambiente, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, quen fixeron entrega de diversos agasallos como cerámicas tradicionais e cintas para os estandartes.